O Concello de Castro de Rei licita de novo a xestión da escola infantil

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei volveu iniciar por terceira vez o proceso de licitación para adxudicar a xestión da escola infantil municipal
escola infantil
8 Ago 2022

O Concello de Castro de Rei volveu iniciar por terceira vez o proceso de licitación para adxudicar a xestión da escola infantil municipal Manuel López Besteiro.

O proceso inciouse tras rematar o contrato anterior polo que volveu sair a licitación, no pasado mes de xuño, cun orzamento de 161.855,67 euros. Xa a finais de xullo volveuse a licitar, malia que nesta segunda ocasión subiuse o prezo case un 10&, 178.041,23 euros, pero reafirmouse a mesma situación, non se presentaron ofertas.

Así, o Concello chairego volveu a iniciar a licitación, por terceira vez, subindo outro 10% o orzamento, é dicir, 195.845,35 euros, e informando de que o contrato ten unha duración de dous anos prorrogables a un máis.

0.17431402206421