O Concello de Castro de Rei licita o amaño das beirarrúas na rúa Alcalde Emilio Sinde

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei está a licitar estes días as obras das beirarrúas na calle Alcalde Emilio Sinde Nieto, nas que se investirán 99.
19 Oct 2020

O Concello de Castro de Rei está a licitar estes días as obras das beirarrúas na calle Alcalde Emilio Sinde Nieto, nas que se investirán 99.600 euros procedentes do Plan Único da Deputación.

Os traballos consistirán na renovación da superficie das beirarrrúas nesta vía no tramo que vai dende a  intersección con avenida Aviación Española ata o enlace coa rúa Manuel Becerra Bermúdez, que corresponde a un tramo de 300 metros.

Nun primeiro momento eliminatarase o pavimento de baldosa existente para colocar novos bordos e un pavimento de formigón de 12 centímetros de espesor.

O prazo de execución do proxecto é de dous meses e as emrpesas interesadas poden presentar as súas ofertas antes do 26 deste mes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17921710014343