O Concello de Castro de Rei recomenda non consumir auga da traída nos próximos seis días

LugoXa | TerraChaXa
Esta medida afecta ás parroquias de Pacios, Outeiro, Bazar, Coea, Quintela, Bendia, Matodoso, Triabá, San Xiao de Mos, Ribeiras de Lea, Castro de Ribeiras de Lea, Duarría, Loentia e Mondriz
grifo
28 Ago 2024

O Concello de Castro de Rei alerta á poboación de que se detectaron problemas na calidade da auga da traída municipal, que afecta ás parroquias de Pacios, Outeiro, Bazar, Coea, Quintela, Bendia, Matodoso, Triabá, San Xiao de Mos, Ribeiras de Lea, Castro de Ribeiras de Lea, Duarría, Loentia e Mondriz.

Debido a isto, o Concello recomenda que non se consuma a auga da traída para beber nin cociñar durante un período inicial de seis días. Esta medida é preventiva ata que se subsanen os problemas detectados nas análises realizadas na ETAP de Quintela.

Segundo indican os incumprimentos paramétricos na calidade da auga foron detectados polas autoridades sanitarias, seguindo o requirimento da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo.

0.17103600502014