O Concello de Castro de Rei solicita máis prazas para a escola infantil municipal
O Concello de Castro de Rei solicita á Xunta de Galicia un incremento no número de prazas para a escola infantil municipal, con motivo do incremento do número de alumnos.
A escola infantil do Concello, conta actualmente con 41 prazas cubertas, resultando superior o número de solicitudes, que se viu incrementada durante os últimos meses como consecuencia de distintas familias que se asentaron no termo municipal e que precisan do servizo da escola infantil municipal
O Concello de Castro de Rei, formulou a solicitude dunha unidade máis para alumnos con i̇dades comprendidas entre o e 2 anos, o que supón un incremento de dez alumnos máis, é dicir, pasar de 41 a 51 plazas.
Este incremento do número de alumnos vese reflexado no aumento do número de familias que durante o último ano se asentaron no concello para traballar nas industrias asentadas na zona, o que supón un feito importante e un indicador do incremento do censo municipal.