O Concello de Castro engade dúas festas infantís de Entroido previas ao programa
TerraChaXa
O Entroido en Castro de Rei, que oficialmente se celebrará a fin de semana do 8 e 9 de marzo contará con dúas festas infantís previas que terán lugar o 3 e 4 de marzo.
27 Feb 2019
O Entroido en Castro de Rei, que oficialmente se celebrará a fin de semana do 8 e 9 de marzo contará con dúas festas infantís previas que terán lugar o 3 e 4 de marzo.
Esta celebración, que está orientada a nenos ata os 14 anos, comezará o domingo no Centro Sociocultural Xosé Manuel Carballo da localidade de Castro de Rei. O luns a celebración trasladarase á Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea. En ambos os dous casos, a celebración será entre as 16.00 e as 19.00 horas.
Haberá concurso de disfraces nas tres categorías, bolsa de larpeiradas, globoflexia, maquillaxe infantil e merenda de Entroido.
A celebración contará coa animación do mago David Méndez.