O Concello de Castro pide á Deputación a rehabilitación do antigo psiquiátrico

TerraChaXa
O equipo de Goberno do Concello de Castro de Rei, que presiden o alcalde, Francisco Balado, presentará unha moción no próximo Pleno na que insta á Deputación Provincial á rehabilitación do edifico do antigo hospital psiquiárico San Rafael de Castro de Ribeiras de Lea.
Folleto Xermade 2
15 sep 2020

O equipo de Goberno do Concello de Castro de Rei, que presiden o alcalde, Francisco Balado, presentará unha moción no próximo Pleno na que insta á Deputación Provincial á rehabilitación do edifico do antigo hospital psiquiárico San Rafael de Castro de Ribeiras de Lea.

A Deputación de Lugo é titular do conxunto de edificacións que forman o antigo hospital xa que foron cedidas de xeito gratuíto polo Concello tras un acordo plenario de 1941 e no que se incluían a granxa provincial, o antigo fogar-escola e o hospital San Rafael.

No ano 2012 o psiquiátrico  deixou de ter actividade xa que os internos foron trasladados todos ao hospital de Calde, que tivo lugar despois da trnasferencia dos hospitais da Deputación ao Sergas. Dende entón, tal e como sinala o Concello, as instalacións atópanse en situación de abandono, sen prestar uso de ningunha clase. No ano 2015 o Pleno da Deputación acordou a creación dunha escola agropecuaria con apoio da USC pero esta proposta nunca chegou a materializarse.

A proposta de rehabilitación do Goberno aposta por un uso asistencial ou de carácter social "xa que a cuberta e a estrutura permanecen inalteradas". Ademais o local, que ocupa unha superficie dunha hectárea, conta con amplos espazos, pasillos e locais que cumpren coa normativa vixente en materia asistencial. Estima que podería acoller a 500 residentes.

O equipo de Goberno pon como exemplo a sitaucion que se viviu noutros centros similares como o hsopital de San José, que foron cedidos a asociacións e despois rehabilitados. Entende tamén que o elevado custe dunha obra destas características debería acometela a entidade provincial xa que "é a ten capacidade económica".

Rematan decido que a súa rehabilitación con fins sociais "cumpriría coas condicións de cesión de terreos que o Concello fixo á Deputación na década dos 40 do pasado século".

117122698_4926540124038962_206693980806869783_n
0.10372996330261