O Concello de Castro saca a licitación obras por máis de 222.000 euros
O Concello de Castro ten en licitación estes días dúas obras de gran transcendencia para o concello. A primeira delas é o proxecto de renovación da rede de saneamento e construción da rede de pluviais na estrada do mercado gandeiro de Castro Ribeiras de Lea. Esta obra ten un orzamento de 119.300 euros e está subvencionada polo Plan Único da Deputación provincial.
O segundo proxecto consiste no asfaltado e mellora dos acceso dos lugares de Piñor, Sabugueira e Currás, na parroquia de Santa Lecodia; no barrio da Granda, na parroquia de Ramil; no barrio de San Marcos, en Mos, no barrio de Castrillón, en Ribeiras de Lea, e no barrio de Espedriz, na parroquia de Dumpín. As obras consisten na recuperación dos accesos actuais ou no seu caso na construcción de novos. Este proxecto ten un orzmento de 103.000 euros e tamén está acollido ao Plan Único da Deputación.
As obras, que están agora en licitación, terán o seu inicio, se o proceso se completa en forma, en dous meses e teñen un prazo de execución de 30 días para o traballo de sameamento e de tres semanas no de asfaltado.
Segundo indica o alcalde de Castro, Fracisco Balado, a obra de mellora do saneamento "era moi necesaria non só a propia mellora xa que hai moitos edificios que se conectan, senón tamén para reducir a carga de pluviais nos colectores, xa que o proxecto contempla a construción dunha rede separativa de pluviais en toda a vía.