O Concello de Castro volve licitar as obras do Plan Único pola suba de prezos
O Concello de Castro de Rei inicia unha nova licitación das obras do Plan Único do ano 2022 logo de quedar deserta a anterior licitación debido á suba do prezo dos materiais.
As obras licitadas inicialmente por 262.399 euros quedaron desertas na primeira licitación, polo que é necesario iniciar un segundo proceso no que os prezos se adapten aos custes actuais, por importe de 302.379 euros.
As obras consisten na rexeneracióne pavimentación de accesos aos núcleos de Ramil, Balmonte, Viladonga, Goberno, Outeiro, Bazar, Santa Locaia, Orizón, Mondriz, Dumpín, Duarría, A Ribeira, Bendia, mos e Triabá.
"Actuarase nas pistas das distintas parroquias do Concello coas que se pretende deixar totalmente rematada a rexeneración da rede viaria municipal logo de varios anos de investimentos en vías municipais", explicou o alcalde, Francisco Balado.