O Concello de Cervo agasalla ao grupo de teatro infantil PimPim

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo quixo ter un detalle con cada un dos nenos integrantes do grupo infantil municipal de teatro PimPim, que este ano non puideron desfrutar da actividade que dirixe e imparte a edil de Cultura, Dolores García Caramés, dada a crise sanitaria motivada polo COVID-19.
david pennington 562462 unsplash
6 Ago 2020

O Concello de Cervo quixo ter un detalle con cada un dos nenos integrantes do grupo infantil municipal de teatro PimPim, que este ano non puideron desfrutar da actividade que dirixe e imparte a edil de Cultura, Dolores García Caramés, dada a crise sanitaria motivada polo COVID-19.

Neste senso, Caramés, entregou no domicilio de cada un dos 50 pequenos que participan no obradoiro, un agasallo que inclúe unha toalla de praia personalizada co logo do grupo, unha bolsa de chuches e unha funda porta-máscara antibacterial para que os nenos poidan gardar e manter protexida o seu cubreboca neste verán.

O obradoiro de teatro está dirixido á rapazada de entre 6 e 16 anos, que se xuntan cada venres na casa da cultura para pasar un anaco divertido ao tempo que van adquirindo habilidades de comunicación a través de diferentes xogos e actividades.

Como colofón do curso, cada mes de xuño os nenos representan a obra que ensairaon durante meses; pero que nesta ocasión, dadas as circunstancias excepcionais, non puideron preparar nin presentar ao público.

0.085562944412231