O Concello de Cervo agradece á cidadanía que A Maruxaina fora un éxito

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
12 Ago 2019

O Concello de Cervo, e nomeadamente o seu alcalde, Alfonso Villares, quixeron manifestar as súas máis expresivas grazas ao pobo cervense e a súa complicidade que califican de fundamental para que as festas da Maruxaina foran todo un éxito.

Desde o Administración local queren amosar a súa gratitude a todos os traballadores municipais pola súa dedicación antes, durante e despois dun evento multitudinario que transcorreu sen incidentes destacables.

A prohibición da acampada e as restricións de tráfico son medidas que contribúen a reforzar a seguridade dunha festa que congrega a milleiros de persoas ano tras ano.

 

0.17220306396484