O concello de Cervo celebrará a XI Feira de Gando o domingo 5 de maio

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo e a asociación Cabaleiros do Xunco celebrarán a XI edición da Feira de gando o domingo, 5 de maio, no polígono industrial de Cuíña.
30 Abr 2019

O Concello de Cervo e a asociación Cabaleiros do Xunco celebrarán a XI edición da Feira de gando o domingo, 5 de maio, no polígono industrial de Cuíña.

Así o anunciaron o alcalde, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, na presentación do evento, na que tamén estivo presente o presidente da asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e varios membros da Xunta directiva deste ente.

Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciais no recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuítos para as crianzas sobre cabalos de montura.

Xa pola tarde, a principal atracción estará centrada nas diferentes carreiras: marcha de trotóns (de 16:00 a 17:00 horas), carreira de cabalos do país (de 17:00 a 18:00 horas), carreira de cabalos cruzados (de 18:00 horas a 19:00 horas), e tamén haberá carreira de burros (de 19:00 a 20:00 horas); nunha xornada que rematará coa entrega de premios aos mellores exemplares de vacún e equino anotados no concurso da Feira. Será ás 20:00 horas.

Haberá máis de 1000 euros en premios para as diferentes categorías e os gañadores das carreiras.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo agradecer o traballo da Asociación Cabaleiros do Xunco na organización desta cita, “un evento a día de hoxe consolidado grazas a unha importante labor de recuperación e que é o punto de encontro dos amantes do mundo equino e vacún, que comparten nese día a súa afección con todos os cervenses e visitantes que desexen achegarse nesa xornada ao recinto feiral”.

0.19163179397583