O Concello de Cervo entrega unha axuda ás anpas do municipio

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo entrega unha axuda ás anpas do municipio. A axuda é de 1250 euros e destínase a tres centros
28 Dec 2020

O rexedor de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro na casa do Concello co equipo directivo das anpas dos centros educativos do municipio -o Ceip Península da Paz, o Ceip de Cervo e o IES Marqués de Sargadelos-.

Fixéronlles entrega da axuda de 1250 euros que cada ano se reserva no orzamento para contrubuír cos gastos de funcionamento destas entidades "que desempeñan unha función clave dentro da comunidade educativa", explica o alcalde.

0.19222807884216