O Concello de Cervo entregou composteiros domésticos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo conmemorou o Día Mundial do Medio Ambiente entregando composteiros domésticos a aqueles veciños que o solicitaron, que nesta ocasión foron 12.
Acceso ao polígono industrial de Castro
6 Xuño 2020

O Concello de Cervo conmemorou o Día Mundial do Medio Ambiente entregando composteiros domésticos a aqueles veciños que o solicitaron, que nesta ocasión foron 12.

Con esta nova entrega, realizada pola edil Mali Méndez baixo cita concertada, suman máis de 200 as familias que contan cun destes recipientes de balde nos seu fogar.

Tal e como recorda Méndez “comezamos a desenvolver esta campaña aló polo ano 2010, é cada vez son máis os veciños que se animan a autoxestionar os seus residuos orgánicos, conseguindo un compost ou fertilizante natural de alta calidade para a súa terra e as súas plantas, ao tempo que reducen a xeración de lixo que iría ao contenedor convencional, contribuíndo así coa protección do medio ambiente”.

Dende o Concello –engadiu- pretendemos cubrir todo o proceso deste programa que vai dende “a entrega gratuíta dos composteiros, a formación e apoio aos usuarios na posta en marcha polos técnicos municipais do departamento, así como o posterior asesoramento e seguemento da utilización do recipiente, co fin de que a experiencia sexa gratificante en tódolos aspectos”.

Méndez precisou que desde o Concello vimos incidindo continuamente nas políticas de protección e concienciación ambiental, con campañas interactivas de sensibilización nas contornas escolares, coa difusión de microvídeos nas redes sociais municipais co obxectivo de contribuír a fomentar as boas prácticas entre a veciñanza; ou mesmo co programa de reforestación integral das fincas municipais con árbores do país que temos en marcha desde fai máis de dez anos.

Cabe recordar que o Concello de Cervo está incluído ademais en varios programas medioambientais como a Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade encamiñada á promoción de políticas locais para o uso sustentable dos recursos naturais e a preservación do patrimonio natural; a Rede Española de Cidades Polo Clima co compromiso de promover a reciclaxe, a redución de desperdicios e o fomento da reutilización; e a rede Construrock, froito dun convenio asinado a finais do pasado ano co Instituto Geológico y Minero de España para promover a realización conxunta de actuacións científico-técnicas en materia de xeoloxía, pedra natural e patrimonio arquitectónico.

0.18310499191284