O Concello de Cervo propón o concurso 'As letras riquiñas'
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Maio 2020
O Concello de Cervo propón o concurso As letras riquiñas para conmemorar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Cada persoa participante terá que elixir unha verba en galego e plasmala en calquera superficie dun xeito orixinal e especial.
Sacarlle unha foto á palabra e enviala ao correo cervocultura@gmail.com; entre hoxe e mañá.
O domingo, 17 de maio, anunciarase a obra gañadora e compartirán un collage con todas as fotografías participantes.
Desde esta semana o programa #cervoquedanacasa pasa a ser unha proposta semanal que se anunciará cada luns e os/as gañadores/as daranse a coñecer os domingos.