O Concello de Cervo segue a ofrecer actividades lúdicas para afrontar o confinamento

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Abr 2020

O Concello de Cervo ofrece á veciñanza máis actividades lúdicas para afrontar o confinamento.

O programa proposto para as vindeiras dúas semanas inclúe actividades de concienciación ambiental.

O cuarto programa #cervoquedanacasa comezará co xogo Efecto Dominó, a idea é que os participantes coloquen unha serie de pezas coas que consigan crear este efecto e que o compartan no facebook do Concello.

As actividades continuarán o mércores 29 con Recicla con botellas, para deixar voar a imaxinación utilizando botellas e envases; o venres 1 de maio será Disfrázate de Cine, no que haberá que caracterizarse das persoaxes de cine ou series favoritos; o luns 4 chegará a actividade Circuíto, para crear e construir un circuito de obstáculos para unha pelota; o mércores 6 de maio, Recicla con tubos deixará voar de novo a imaxinación con tubos de papel hixiénigo, e o venres 8 O circo na casa servirá para caracterizarse dalgunha persoaxe do circo.

0.090933084487915