O Concello de Cervo substituíu eucaliptos por árbores do país nunha finca municipal

TerraChaXa | AMariñaXa
20 Feb 2019

O Concello de Cervo vén de substituír eucaliptos por árbores do país nunha finca municipal, de 6 hectáreas, ubicada no polígono de Cuíña, onde recentemente tamén se acharon petróglifos.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, supervisaron o resultado desta primeira fase da plantación, acompañados por responsables da Fundación Alcoa e da empresa local Entorno Ambiental, que colaboraron nesta actuación.
Nesta primeira etapa plantáronse 1620 árbores do país (piñeiros, loureiros, maciñeiras, pereiras, acivros, carballos…), cos que se revitalizou esta parcela na que neste último ano se estiveron a cortar os eucaliptos e se fixo un intenso traballo de retirada dos brotes que volvían xerminar.
A segunda fase da actuación está previsto que se leve a cabo a finais de ano, e plantaranse outras 1620 especies.
Como complemento á actividade organizarase unha xornada de voluntariado para 100 escolares do municipio cos que se plantarán 200 árbores.
Villares destacou o traballo que se está a facer nesta finca na que eliminamos o eucaliptal subtituíndoo por árbores do país “porque cremos que a recuperación dos bosques típicos galegos é beneficioso a todos os niveis, tanto pola súa compoñente turística, como produtiva; xa que estas fincas poden ser a medio plazo un importante recurso para reforzar as economías familiares”.
Pola súa banda, Méndez recordou que a repoboación desta superficie vén sumarse a outras actuacións que levamos facendo nos últimos dez anos nas diferentes propiedades municipais “coa intención de potenciar todo o noso patrimonio natural con estas árbores autóctonas que outorgan un valor engadido aos nosos montes”.
 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12373208999634