O Concello de Cervo xa conta con postal de Nadal institucional
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo xa conta con postal de Nadal institucional
7 Dec 2020
O Concello de Cervo comunicou os gañadores do certame de postais de Nadal.
Os agasallados foron Valeria Arnau de 6 anos, e foi a elixida para as felicitacións de Nadal do propio Concello. O segundo posto foi para Valeria Iglesias de 9 anos, o terceiro para Martina López de 4 anos e o cuarto para Iban Baltar de 7 anos.
Dende o Concello queren agradecer e felicitar "a todos os que entregaron as súas postais; que realmente lle puxeron moi difícil as cousas ao xurado. Todos eles recibirán un merecido agasallo".
Todas as postais estarán expostas na sala de mostras da Casa da Cultura desde o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro.