O Concello de Cospeito busca que a Torre de Caldaloba pase a mans públicas

TerraChaXa
O Concello de Cospeito está realizando xestións para que a Torre de Caldaloba pase a mans públicas.
4 sep 2018

O Concello de Cospeito está realizando xestións para que a Torre de Caldaloba pase a mans públicas. O alcalde, Armando Castosa, explicou que non estaba decidido si pecharía unha compra ou unha cesión pola que o edificio, de orixe medieval e situado na parroquia de Pino, pasaría a estar baixo control municipal. O que si recalcou é que as xestións ían por bo camiño e que a actitude da parte propietaria, cuxo comportamento eloxiou, parecía favorable. "Creo que vai chegar", dixo sobre o acordo, aínda que tamén engadiu un punto de prudencia: "Outra cousa é ou tempo que nos leve", manifestou.

O que se espera conseguir logo de lograr ese acordo é a realización dalgún traballo nese espazo. Castosa recoñeceu que para iso faría falta a colaboración dalgunha administración; pero tamén avanzou que a intención do Concello non era a de intentar grandes obras de restauración senón a de deixar o que aínda se mantén en pé do edificio en condicións de poder ser contemplado. Tamén agradeceu que a contorna da torre fose rozado recentemente.

0.17197299003601