O Concello de Cospeito, condenado por enriquecemento ilícito

TerraChaXa
O Concello de Cospeito vén de ser condenado por intento de enriquecemento ilícito polo Xuzgado do Contencioso de Lugo.
25518615
11 Abr 2018

O Concello de Cospeito vén de ser condenado por intento de enriquecemento ilícito polo Xuzgado do Contencioso de Lugo. O xuíz estimou que o Concello intentou cobrar 56.800 euros de electricidade ao concesionario da cafería da Casa da Cultura cando xa pagara por este servizo a través dun acordo de compensación ao que chegou co seu alcalde, Armando Castosa.

Segundo os antecedentes do feito, o concesionario da Casa da Cultura de Feira do Monte non puido instalar un contador individual da cafetería por seren un edificio público. Debido a isto, ambas partes acordaron que a cafetería faríase cargo do pago do gasoil, auga e recollida de lixo de todo o centro e o Concello da electricidade debido a imposibilidade de separar os dous gastos dentro do mesmo edificio.

A sentenza recolle tamén que o concesionario da Casa da Cultura abonou regularmente durante 15 anos o gasoil e o Concello fixo o mesmo coa electricidade polo que non considera de recibo que agora o Goberno Local presente unha demanda solicitando o pago dos recibos dos cinco últimos anos (xa que o resto de anos prescribiron). Por esta razón, o xuíz considera probado o enriquecemento ilícito xa que o concesionario conta con todos os recibos e declaracións que lle dan validez ao acordo co que chegou no seu día co alcalde.

Por outra banda, o xuíz engade que hai indicios de falsedade por parte do alcalde, Armando Castosa, cando dixo ante o xuíz que o concello pagara o gasoil estes anos e non foi quen de presentar as facturas que o xustificaran.

 

0.18532991409302