O Concello de Cospeito licita a xestión do miradoiro da Feira do Monte

O Concello de Cospeito convocou a concesión demanial destinada á explotación do miradoiro de Feira do Monte como bar-cafetería. Este proceso busca promover a dinamización deste espazo emblemático, cunha oferta que permita aproveitar o seu potencial como punto de encontro e goce para veciños e visitantes.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días naturais para presentar as súas ofertas, que é o 2 de abril.
As propostas deberán presentarse exclusivamente a través da mencionada plataforma, garantindo así un proceso transparente e accesible para todos os aspirantes. Para máis información, recoméndase consultar a Plataforma de Contratación do Sector Público ou contactar co Concello.
Esta licitación sae cun canon mínimo de 3.621 euros ao ano e unha duración máxima de dous anos podendo prorrogarse ata dúas veces por un máximo de catro anos.
Trátase dunha edificación de planta semisoto, planta baixa e parte de cuberta plana para miradoiro, con cerramentos exteriores de pedra de cachotería cara vista. A superficie total da edificación conforme aos datos catastrais consultados na oficina virtual de catastro é de 89,00 m/2 de ocupación en planta, polo que a superficie construída total do inmoble considerando as tres plantas, planta soto destinada a almacén, a planta baixa a cafetería e a planta a terraza exterior descuberta é de 267 m2.
O obxecto da concesión refírese unicamente á planta s0to do inmoble cun uso de almacén e á planta baixa de cafetería.
A totalidade da superficie deberá ser dedicada unicamente á actividade de bar- cafetería, así como revitalizar e dinamizar turisticamente o municipio, dada a súa situación e as súas características que fan deste espazo un lugar determinante para a potenciación socioeconómica e turística do municipio.