O Concello de Cospeito regulariza os pagos no servizo de recollida de lixo
O alcalde de Cospeito sacou un bando indicando a obligatoriedade de pagar pola recollida do lixo como así se establece nunha ordenanza municipal. Polo tanto, abriu o prazo para darse de alta neste servizo, que ten que facerse mediante os formularios que se atopan nas oficinas municipais.
Finalmente, o primeiro prazo para darse de alta tivo que ser ampliado debido ao elevado número de persoas que acudiron a realizar este trámite e a obrigatoriedade de respectar os aforos.
Estas persoas que se están a dar de alta no concello no servizo de recollida de lixo, son aquelas que non pagaban os recibos de auga.
Como explica a voceira do PSOE en Cospeito, as consecuencias de non facer efectivo este trámite levan consigo "que se poda reclamar o pago das facturas dos últimos catro anos".
Aínda así, as persoas exentas de pago son aquelas que teñen os colectores a máis de 200 metros de distancia, aínda así teñen que cursar esta solicitude polo que darse de alta no pago é obrigatorio.
O Concello inicia estes días a revisión das solicitudes.