O Concello de Cospeito rematou varias obras de mellora en camiños e vías
O Concello de Cospeito rematou varias obras de mellora de camiños e vías municipais que tiveron un orzamento de 330.000 euros procedentes da Deputación de Lugo, das arcas municipais e unha achega do Plan Marco.
Así, estas tarefas consistiron en mellorar os accesos dende a LU-113 ao núcleo da Veiga de Pumar e ao de Momán de Arriba e ao acceso a Costa Zapateira, cunha inversión de 57.952 euros. E un segundo paquete de obras para as pistas municipais que une Roás con Ponte do Somo, a Lu-111 de Rábade a Moncelos e a LU-113 de Rozas a Abadín.
Tamén mellorouse unha parte da estrada que da acceso a igrexa de Santa Cristina, no barrio de Vilasuso e no de Seixas e o núcleo de Paredes. Así como a estrada limítrofe con Begonte ata a parroquia de Arcillá.
As tarefas levadas a cabo foron de aglomerado en quente como con triple asfáltico e permiten mellora a seguridade nestas vías de alto tráfico.