O Concello de Foz animan a sacar a bici esta fin de semana

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Esta fin de semana o Concello de Foz celebrara unha nova edición do Día da Bici.
66364050_2231143656972213_6431545833056894976_o
18 sep 2020

Esta fin de semana o Concello de Foz celebrara unha nova edición do Día da Bici. Unha xornada familiar na que pais e nais comparten con fillos dunha tarde de paseo en bici. Na que sairán animadamente e contarán con avituallamento grazas á colaboración de diferentes empresas como Gadis, Froiz ou Frutas Morriña.

Pero este ano deben ter precaución e evitar realizar actividades que aínda que nos enchen de ilusión, convocan moitas persoas e nas que as distancias non se poden garantir.

Con todo, dende o Concello animan a sacar a bici, a dar un paseo gozando do deporte e dos magníficos lugares, botar unha foto e etiquetar ao Concello de Foz nas redes sociais.

Haberá os tradicionais premios: á bici mellor engalanada e ao mellor disfraz. Así como outros dous, que sairán do sorteo entre as demais fotografías. Todos os galardóns contarán coa colaboración de Motos Baltasar, que sempre nos axuda nesta celebración.

0.096590042114258