O Concello de Foz fixo entrega dos composteiros domesticos aos veciños

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O venres 24 de xullo o Concello de Foz fizo entrega as veciñas e veciños anotados durante estes meses, dos primeiros 15 composteiros facilitados tras as xestións do Departamento con Sogama e o Fondo de Compensación ambiental.
escuelas deportivas vilalba
26 Xul 2020

O venres 24 de xullo o Concello de Foz fizo entrega as veciñas e veciños anotados durante estes meses, dos primeiros 15 composteiros facilitados tras as xestións do Departamento con Sogama e o Fondo de Compensación ambiental. Son individuais, fáciles de instalar no exterior das vivendas ou nas eiras anexas.

Trátase de colectores duns 300 litros de capacidade, que finalmente foron acompañados dun pequeno manual de instrucións de como realizar o proceso da compostaxe de xeito correcto, substituindo así a charla formativa prevista cos manuais para cumplir coas medidas da pandemia.

O vindeiro luns 27 entregaranse outros 15 xa adxudicados e, nos vindeiros días continuaranse entregando por quendas ate un total de 70 as veciñas anotadas previamente.

Iniciase xa a anotación na Oficina de Medio Ambiente do Concello de novas persoas interesadas para outra próxima nova entrega. O Departamento realizará próximamente novas accions moi interesantes e novidosas na nosa Bisbarra neste eido medioambiental.

0.11381697654724