O Concello de Foz pechou a pasada semana varias obras pendentes

TerraChaXa | AMariñaXa
25 Jan 2021

O Concello e Foz rematou estes días varios traballos pendentes aproveitando o estancamento das choivas.

Así, executaron o sumidoiro na avenida de Viveiro para evitar a charqueira que se facía no paso de peóns e fixeron tamén bacheos pendentes en distintas vías do casco urbano de Foz. Segundo avanzou o alcalde, Fran Cajoto, este tipo de traballos continuarán agora nas parroquias.

Así mesmo, fíxose a excavación para a execución da rampa de acceso á residencia e á rúa Costa do Castro en Marzán, e tamén se fixo o arranxo saneamento en Vilaxoane. Segundo indicou o alcalde, acondicionouse unha beirarrúa pola marxe esquerda do vial de subida ao instituto co obxectivo de mellorar a seguridade na zona, que nestes instres non conta con ningunha  zona para peóns. Tamén están iniciados os traballos para facer unha beirarrúa nun tramo da estrada no cruce coa vía que discorre deica San Martiño.

Finalmente fíxose tamé a poda de magnolios en Otero Pedrayo e Trapero Pardo.

0.16019296646118