O Concello de Foz reparte aos centros educativos do municipio as máscaras de protección

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Foz reparte aos distintos centros educativos do Concello -dúas escolas infantís, cinco colexios e un instituto- as 2.
compostaxe_guitiriz
15 Out 2020

O Concello de Foz reparte aos distintos centros educativos do Concello -dúas escolas infantís, cinco colexios e un instituto- as 2.550 máscaras entregadas pola Deputación de Lugo e subministradas polo goberno central.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que o obxectivo é que “os centros dispoñan delas e as repartan en función das súas necesidades, para os traballadores dos mesmos ou puntualmente para os alumnos daquelas familias con menor poder adquisitivo. Sabemos que a factura das familias se incrementou este ano coas máscaras e pode haber casos de nenos que non as poidan renovar coa frecuencia debida. Tamén para unha rotura puntual da máscara propia ou noutros casos cremos que é necesario que os centros educativos conten con certa cantidade deste material. Os equipos directivos saben perfectamente das súas necesidades e esperamos que esta pequena achega lles sexa útil”.

0.093600988388062