O Concello de Foz ten abertos os prazos para a contratación temporal

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Foz ten abertos os prazos para a contratación temporal de 8 socorristas para as praias, 6 peóns medioambientais e 5 traballadores para a brigada contra os incendios forestais.
26 Xuño 2020

O Concello de Foz ten abertos os prazos para a contratación temporal de 8 socorristas para as praias, 6 peóns medioambientais e 5 traballadores para a brigada contra os incendios forestais.

Estes 8 socorristas para as praias e 6 peóns para o servizo de medioambiente serán contratados con cargo ao Plan Verán do Concello focense, que se financia con fondos propios municipais. No caso dos socorristas os contratos durarán 2 meses, desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto. E os peóns medioambientais serán contratados durante 2 meses e medio, concretamente do 1 de xullo ao 15 de setembro.

Os 5 traballadores que se seleccionan para a brigada contra os incendios forestais son 1 xefe, un condutor e 3 peóns. Neses casos a duración dos contratos será de tres meses.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anima aos interesados a que se inscriban canto antes para optar a estes postos de traballo municipais.

0.19078898429871