O Concello de Friol adxudica o último módulo do seu viveiro de empresas

TerraChaXa
O Concello de Friol levou a cabo a resolución e contrato da segunda nave do Vivero de Empresas.
friol equipamentos
18 Xan 2018

O Concello de Friol levou a cabo a resolución e contrato da segunda nave do Vivero de Empresas. O beneficiado desta iniciativa é o emprendedor Roberto Eiroa, que desenvolverá neste espazo unha actividade relacionada coa compra e venda de vehículos de ocasión.

Dita nave dispón dun espazo de 330 metros cadrados, distribuídos en 262,23 na planta baixa e 68,35 na planta alta; pola que o interesado deberá satisfacer un pecio público de 132 euros mensuais. O empresario debe iniciar a súa actividade nun prazo máximo de tres meses e o contrato terá duración de doce meses, prorrogables a outros doce.

O alcalde de Friol, José A. Santos, móstrase satisfeito coa total ocupación do Vivero de Empresas, xa que desde un inicio deixou claro a súa intención de facilitar a inserción laborar e loitar contra o desemprego. "A través desta iniciativa conséguese atraer novo texido empresarial que logo xerará movemento", explica e engade que "Estamos levando a cabo un importante esforzo para atraer novas empresas cara ao noso concello, que traerán xente e polo tanto favorecerán e fortalecerán a economía dos nosos establecementos que temos xa implantados ademais de ampliar os servizos dos que se poden beneficiar os nosos veciños".

0.19042587280273