O Concello de Friol adxudica obras nos accesos do rural por un importe de 278.000 euros

TerraChaXa
O Concello de Friol ten adxudicado, con fondos do Plan Único, a diferentes empresas melloras na seguridade viaria dun importante número de estradas polas que acceden os veciños tanto ás súas vivendas como ás explotacións que rexentan, así como na restitución de varias escolas parroquiais "porque significa mellorar a calidade de vida e o benestar dos nosos veciños e ese é o noso principal obxectivo, mellorando os accesos as nosas vivendas e as nosas explotacións conseguimos que o día a día dos nosos gandeiros sexa mais doado e todo esto tamén conleva a unha maior rentabilidade das explotacións dos veciños de Friol".
Camiño rural
17 Nov 2017

Para a execución das diferentes obras do Plan Único 2017 o Concello achega vinte mil euros, onde están incluídos os custos da redación e dirección de obra dos diferentes proxectos, pola súa banda a Deputación Provincial achega ao redor de douscentos setenta e oito mil, dita colaboración entre ambas as institucións busca maior efectividade nas actuacións. Así ben a través deste proxecto realizaranse diferentes traballos en varias parroquias do Municipio de Friol, a maioría centradas no acondicionamento do firme de pistas e estradas, aproximadamente executaranse obras de rexeneración nun 23 km. Uno dos proxectos é a mellora das vías de Carballo a Laxe, Currás e outras vías da Laxe, tamén o acceso a igrexa de Silvela. Ademais terá lugar a pavimentación de camiños da Fonte do Can ao Rodo do Muíño, así como a ligazón que une Tralacorda con LU-1611 e o Burgo do Negral. Na mesma liña executarase outro dos proxectos que aglutina a mellora das estradas de acceso a Gándara, a Ferreira, de Mundín a Bustelo e o cruzamento Castro-Cancela a Ximondriz. O outro proxecto aglutina as actuacións necesarias para a rehabilitación de tres escolas unitarias, situadas na parroquias de Carlín, de Roimil e no lugar da Laxe pertencente á parroquia de Carballo.

A través deste investimento o Concello de Friol demostra novamente a súa implicación a diferentes niveis co único fin de outorgar mellor calidade de vida aos seus residentes, desde o Concello están a facerse importantes esforzos para levar a cabo as melloras necesarias na súa ampla rede de vías Municipais, dado que o principal sector no municipio é o primario, de aí, esa importancia deste proxecto.

Segundo comenta o alcalde José Angel Santos, nos próximos días darán comezo os traballos que segundo as previsións das empresas adxudicatarias estarán finalizados a finais do primeiro semestre do próximo ano.

0.17529082298279