O Concello de Friol convoca clases de baile e ximnasia que comezarán en novembro

LugoXa | TerraChaXa
Para estas dúas actividades poderán facer as inscricións ata o día 24 de outubro
clases-de-ximnasia-e-baile-friol
19 Oct 2025

O Concello de Friol organiza, como vén facendo dende hai anos, clases de baile latino e de salón para os veciños e veciñas que desexen anotarse. E tamén ximnasia de mantemento para todas as persoas do municipio que estean interesadas.

Para estas dúas actividades poderán facer as inscricións ata o día 24 de outubro, nas oficinas do Concello de Friol ou a través do correo electrónico info@concellodefriol.es.

As clases de baile realizaranse os luns en horario de 21:00 a 23 horas e as de ximnasia serán os martes e os xoves en horario de 21:00 a 22:00 horas.

Ámbalas dúas actividades levaranse a cabo no pavillón de deportes do Concello de Friol e comezarán a primeira semana de novembro.

⚙ Configurar cookies
0.077272891998291