O Concello de Friol convoca clases de baile e ximnasia que comezarán en novembro
LugoXa | TerraChaXa
Para estas dúas actividades poderán facer as inscricións ata o día 25 de outubro
6 Out 2024
O Concello de Friol organiza, como ven facendo dende hai anos, clases de baile latino e de salón para os veciños e veciñas que desexen anotarse. E tamén ximnasia de mantemento para todas as persoas do municipio que estean interesadas.
Para estas dúas actividades poderán facer as inscricións ata o día 25 de outubro, nas oficinas do Concello de Friol ou a través do correo electrónico info@concellodefriol.es.
As clases de baile realizaranse os luns en horario de 21:00 a 23 horas e as de ximnasia serán os martes e os xoves en horario de 21:00 a 22:00 horas.
Ámbalas dúas actividades levaranse a cabo no pavillón de deportes do Concello de Friol.