O Concello de Friol e A Castronela confirman a segunda edición do Friulio para o 12 e 13 de maio

TerraChaXa
Tralo éxito do primeiro Friulio, a festa de recreación histórica que se celebraba o 25 de marzo de 2017 como antesala á Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, o Concello e a asociación A Castronela confirman unha segunda edición na que se ampliará a celebración a un segundo día.
recreacion castro
1 Ago 2017

Será en plena primavera, entre o 12 e o 13 de maio, como indicaban o alcalde, José A. Santos; a concelleira de Cultura, Fátima Iglesias; e o presidente da Castronela, Manuel Castiñeira, trala xuntanza na que tamén participaban Lucía Rios e Jesús Penín, en representación da asociación.

Todas as asociacións da primeira edición e as novas incorporacións obterán maior protagonismo; “xa que é unha festa por e para as asociacións”. Tamén aumentará o número de stands artesáns e hostaleiros; así coma o entorno que englobará o paseo fluvial, o Parque Rosalía de Castro e a Praza Andón Cebreiro. Outra das novidades serán o adianto do “asedio” como un dos principais momentos da xornada do sábado e a incorporación de espectáculos de diferentes estilos.

0.16252994537354