O Concello de Friol executará varias obras de mellora no rural

TerraChaXa
O Concello de Friol executará obras no rural por un importe de 400.000 euros. Catro proxectos, tres de pavimentación e un de aforro enerxético
obras pavimentacion aglomerado friol estradas
4 Ago 2021

O Concello de Friol executará obras no rural por un importe de 400.000 euros, así dende o equipo de goberno do Concello de Friol segue a traballarse nos distintos proxectos que se pretenden levar a cabo. En esta ocasión, adxudícanse catro proxectos, tres de pavimentación e mellora da vías e accesos, e un de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público.

Un dos proxectos trátase da mellora na pista de Bernadal a Freiría, accesos en A Grela, San Román, Centro Social do Pacio, Xulacasa, Portonovo e Cerracín, adxudicado á empresa Construcciones Cholo S.L..

O segundo proxecto é o de pavimentación de vial Currás - Torre da Luz - Xiá, adxudicada á empresa Construcciones Rafer S.L.. A terceira obra adxudicada é “Pavimentación dos viais de acceso aos núcleos de A Casanova, Prado e Castrodá, que resultou adxudicataria a empresa Adecom Obras y Servicios S.L.. E a cuarta e última obra adxudicada é a de aforro e eficiencia enerxética nos alumeados públicos de Cimadevila (Narla), Pena (Cotá) e Ramelle”, que foi adxudicada a Solarel S.L.. A execución de estas catro obras suman unha inversión de case 400.000 €.

Os tres primeiros proxectos son contratos que se financiarán con cargo ao Plan Único, e o cuarto e último, de aforro e eficiencia enerxética, finánciase con cargo a unha subvención concedida ao Concello ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.

Son todos proxectos de gran importancia para a poboación de Friol, xa que se trata de realizar melloras e mantementos de vías, accesos e luminarias municipais de varias parroquias do municipio.

As vías e accesos referidos teñen o firme en malas condicións debido, entre outras cousas, ás condicións normais do tráfico, ó paso de maquinaria agrícola ou para traballos forestais, ás condicións atmosféricas e ó paso dos anos. Debido a isto resulta complicado o paso de vehículos en algunhas zonas.

E co cambio de luminarias preténdese conseguir unha redución dos costes enerxéticos e de mantemento redución de emisións de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro, mellora na calidade lumínica, etc.

Todas estas actuacións traerán unha considerable mellora na calidade de vida dos habitantes do municipio, pois a mellora de todos estes camiños e o cambio das luminarias, facilitará o acceso polos mesmos aos habitantes do Concello.

Para o Concello de Friol isto é algo de vital importancia e no que traballan cada día e como di o seu alcalde Jose Á. Santos “estas actuacións levaranse a cabo para intentar facilitar os desprazamentos de vehículos e maquinaria no día a día dos habitantes do noso municipio, e tamén facilitar os accesos a aquelas persoas que queiran vir a visitarnos ou coñecernos”.

0.19051313400269