O Concello de Friol mellora os accesos ao campo de fútbol e o mercado municipal

TerraChaXa
O Concello de Friol está a executar a pavimentación do acceso ao campo de fútbol e ao mercado municipal.
José A. Santos e Jesús Cortiña supervisando as obras de pavimentación da rúa do campo de fútbol e do mercado municipal.
11 Out 2017

O Concello de Friol está a executar a pavimentación do acceso ao campo de fútbol e ao mercado municipal. As obras desta última fase supoñen melloras sobre a seguridade viaria; ademais da mellora de aparcadoiros, xa que é un lugar de gran tránsito debido ás feiras mensuais e aos adestramentos e partidos que se xogan no campo de fútbol Municipal.

Estas actuacións requiriron dunha limpeza previa da vía, para logo empregar a mestura asfáltica en quente para pavimentar, cun grosor e compactación consistente do mesmo . Prevese pintar aparcadoiros, bordos, eixo central e tres pasos de peóns. A obra ten un custo total de 62.000 euros, dos cales a Xunta, concretamente Consellería de Presidencia, achega 40.000 mentres que a diferenza é sufragada desde a administración local. Ademais esta última encargouse da redacción do proxecto e a dirección de obra, o que supuxo ao redor de 4.000 euros.

A continuación prevese iluminar a avenida con lámpadas LED e con váculos novos en beneficio da propia rúa e apostando por unha eficiencia enerxética dado que "desde o propio Concello está a facerse un importante esforzo no cambio de todo a iluminación titularidade municipal a led, debido á longa duración das devanditas luminarias e a unha considerable redución de consumo".

"É unha gran satisfacción seguir traballando pola mellora da calidade de vida dos nosos veciños e visitantes, para que poidan gozar dos nosos servizos", segundo di o alcalde, José A. Santos, que supervisa asiduamente as obras que o Concello ten en marcha por todo o municipio acompañado polo concelleiro de Obras, Jesús Cortiña.

0.037783861160278