O Concello de Friol organiza un ano máis a súa andaina popular

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol organiza unha andaina popular na que poden participar todas as persoas que estean interesadas.
andaina popular concello de friol portada
23 Sep 2022

O Concello de Friol organiza, en colaboración co CPI Doutor López Suárez, como ven facendo dende hai anos, unha andaina popular na que poden participar todas as persoas que estean interesadas.

En edicións anteriores participaron dende bebés ata persoas de idade avanzada, familias completas, grupos de amigos, persoas en solitario, etc.

Poden apuntarse ata o mércores 28 de setembro, nas oficinas do Concello ou na circular que se enviou dende o centro educativo.

Será unha mañá diferente á rutina de todos os días, na que poden participar todos e todas aqueles que lles apeteza, e na que desfrutarán da paisaxe do noso municipio, da compañía de outros camiñantes, e do Camiño Real, no que poderán visitar tamén o Dolmen da Moruxosa, e ata a parroquia de Cotá, que será o punto no que remate a andaina. Dende alí poderán regresar para Friol nos buses que o Concello porá a disposición dos participantes, ou a pé, aquelas persoas que o prefiran.

A saída será dende a Casa do Concello ás 11:00 horas do sábado día 1 de outubro. Está previsto que participen uns 350 camiñantes do Concello e de outras partes da provincia.

O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, di que “dende o Equipo de Goberno queremos continuar organizando este tipo de actividades, nas que se reúne unha gran parte da poboación escolar e as súas familias, veciños e veciñas, e tamén persoas que aproveitan para visitar o noso concello en ese día, e desfrutar da nosa xente, da nosa paisaxe, e do noso pobo, en definitiva, polo que animamos a todos e todas que o desexen a participar en esta sétima edición da andaina popular de Friol”.

0.13368201255798