O Concello de Friol organiza unha excursión a Tapia para maiores

TerraChaXa
O Concello de Friol organiza para o 12 de setembro, xoves, unha excursión para maiores a Tapia de Casariego con parada tamén en Vilalba e Mondoñedo.
67932340_2352477771468048_5164158502209323008_n
22 Ago 2019

O Concello de Friol organiza para o 12 de setembro, xoves, unha excursión para maiores a Tapia de Casariego con parada tamén en Vilalba e Mondoñedo.

O programa da viaxe arrincará ás 8.00 horas diante da casa consistorial , farán unha parada en Vilalba para almorzar, e desde alí seguirán ata Tapia de Casariego para pasar a mañá ata a hora de xantar que será en Mondoñedo sobre ás 14:00 horas.

Despois de xantar e de bailar unhas pezas coa música que escolla o DJ e os viaxeiros, pararán nun lugar preto ao restaurante para facer un paseo, tomar un café e descansar un pouco antes de retomalo viaxe a Friol.

Os interesados en apuntarse poden facelo nas propias oficinas municipais antes do 7 de setembro. Os costes e a organización da viaxe son con cargo a fondos do Concello.

0.20801997184753