O Concello de Friol organiza unha excursión para os maiores

LugoXa | TerraChaXa
O Concello de Friol organiza, unha vez mais, unha excursión para o desfrute dos seus veciños e veciñas de maior idade.
Friol excursion portada
16 Ago 2023

O Concello de Friol organiza, unha vez mais, unha excursión para o desfrute dos seus veciños e veciñas de maior idade.

A viaxe comeza diante da casa do Concello ás 8:.0 da mañá e farán unha parada en Frades para almorzar. Dende alí viaxarán á Comarca do Barbanza para pasar a mañá, ata a hora de xantar nun restaurante da zona, sobre as 14.00 da tarde. 

A continuación do xantar visitarán o pobo de Padrón onde poderán desfrutar do seu xardín botánico, da Casa Museo Rosalía de Castro, do paso do Río Sar ou simplemente tomar un café e dar un paseo. A continuación será o regreso a Friol. 

A totalidade dos costes e a organización da viaxe son con cargo a fondos propios do Concello.

Para anotarse é necesario acudir á Casa do Concello antes do venres 8 de setembro.

excursión friol
0.22865509986877