O Concello de Friol organiza uns campamentos atléticos para o verán
O Concello de Friol aposta por fomentar o deporte e os bos hábitos entre a poboación máis nova. Para elo opta por celebrar este verán, uns campamentos atléticos, coa importante colaboración do recoñecido club de Atletismo Friol. Os monitores encargados de intentar contaxiar a súa paixón polo deporte aos máis novos de este municipio, serán dúas persoas de gran peso no club, dous veciños de Friol, María Carballido e Cristian Montecelo, dous grandes atletas de Friol.
O prazo para inscribirse en estes interesantes campamentos atléticos, que serán gratuítos, comezará o luns 14 de xuño. Pode realizarse a inscrición nas oficinas do Concello de Friol, ou tamén a través do correo electrónico info@concellodefriol.es.
Esta actividade de verán comezará o día 1 de xullo e rematará o 31 de agosto. Realizarase en horario de mañá, dende as 10:00 ata as 13:00 horas.
Dividiranse aos nenos e nenas interesados en participar, en dous grupos, dependendo das idades. Un primeiro grupo será de 4 a 9 anos, os martes e os xoves, e un segundo grupo, os luns, mércores e venres, para os participantes con idades entre os 10 e os 14 anos.
O alcalde de Friol, Jose Á. Santos, di que “dende o Equipo de Goberno apoiamos este tipo de actividades xa que fan que os máis novos do noso Concello poidan sentir, descubrir, aprender e desfrutar do deporte e dos seus innumerables beneficios”, “tamén quero ter unha palabras de agradecemento o Club Atletismo Friol por a colaboración e implicación para que estas actividades durante os dous meses de verán sexan unha realidade, especialmente tanto Maria Carballido como a Cristian Montecelo, por último dar tamén as gracias a Raquel López López, veciña do municipio, polo traballo de deseño do cartel publicitario de esta actividade, que fixo de xeito desinteresado”, engade o rexedor.