O Concello de Friol recibe as doazóns das empresas para as familias desfavorecidas
O Concello de Friol recibiu estes días os agasallos doados por empresas do municipio para entregar ás familias máis desfavorecidas do municipio.
Serán entregados a familias con nenos e nenas do Concello de Friol, que non teñen fácil a chegada dos Reis Magos ás súas casas.
A Concelleira do Concello de Friol, Ángeles Buján recibiu uns agasallos doados gracias á xestión realizada por Beatriz Caramés Gil, de Casa Benigno, en colaboración con varios establecementos do municipio e tamén con outras entidades, como os equipos de fútbol feminino e masculino de Friol.
Estes agasallos foron entregados a varias familias de Friol, con nenos e nenas, que teñen un pouco mais difícil que os Reis Magos poidan chegar esa noite tan máxica ás súas casas. E para que desta forma, ninguén quede sen os agasallos dos esperados e queridos Reis Magos.