O Concello de Friol rehabilitará os centros sociais de Condes e Xía

TerraChaXa
O Concello de Friol continúa mellorando as instalacións dos centros sociais das súas parroquias, neste caso rehabilitará os centros sociais de Condes e Xía, aos que destinarán unha partida presupuestaria propia para acometer ditas actuacións.
IMG_1013
15 Xan 2019

O Concello de Friol continúa mellorando as instalacións dos centros sociais das súas parroquias, neste caso rehabilitará os centros sociais de Condes e Xía, aos que destinarán unha partida presupuestaria propia para acometer ditas actuacións. Nestes dous centros, é de gran importancia o investimento dado o gran deterioro que sofren estas dúas edificaciones nas cubertas e no interior debido ás filtracións de humidades polo que se considera imprescindible a rehabilitación na totalidade das mesmas, así como o adecentamento do interior.

Segundo o alcalde, José Angel Santos, levaranse a cabo estas melloras en dous centros moi utilizados polos veciños de ditas parroquias, traballos moi demandados polos mesmos, xa que nestes momentos existen goteiras e o deterioro empeza a ser irreversible, por iso é polo que desde o Concello destinará unha partida presupuestaria propia para acometer ditas actuacións.

O Concello de Friol continúa mellorando as instalacións dos centros sociais das súas parroquias, nestes dous casos, espérase que nos próximos días se inicien os trámites necesarios para a adxudicación das obras, para que segundo o alcalde "os veciños poidan facer uso dos centros xa rehabilitados canto antes, porque estas edificiacións teñen por cometido ser un lugar de reunión para os veciños para levar a cabo distintos actos".

Tamén prevé en breve a entrega doutro novo centro rehabilitado, neste caso están ultimando pequenos detalles de construción no da parroquia de Villafiz. Desde o equipo de Goberno, continúan na liña de rehabilitar os centros xa existentes ou crear uns novos en todas aquelas parroquias onde os veciños o demanden.

0.21149516105652