O Concello de Friol renova o centro social de Villafiz

TerraChaXa
O Concello de Friol continúa renovando as infraestructuras das antigas escolas para convertelas en centros sociais que sirvan para reunións vecinales, comidas grupales, etc.
30 Abr 2018

O Concello de Friol continúa renovando as infraestructuras das antigas escolas para convertelas en centros sociais que sirvan para reunións vecinales, comidas grupales, etc.

Recentemente adxudicouse a rehabilitación do centro social de Villafiz á empresa García e Sánchez de Melide SL por un importe de case 80.000 euros. Dita obra supón a demolición de interiores e cubrición; o acondicionamiento do terreo con hormigón e captación de auga coa intubación necesaria, así como o saneamiento con elaboración de fosa séptica máis colocación de aparellos sanitarios.

A estrutura realizarase con formigón armado e aceiro laminado; así como a execución da cuberta e colocación de canalón; lucimento de fachadas, particións e falsos teitos debidamente illados de condicións meteorolóxicas adveras e acústicas; finalmente farase o revestimento con morteiro e pinturas plásticas, con zonas de azulexo e chans acondicionados e porta de entrada en aluminio.

Tamén farase unha renovación da electricidade e luminarias, incluído o cableado, cadro e contador; así como complementación de accesorios de carpintería e fontanería; ademais se equipará cunha cheminea francesa, mesas e cadeiras.

O alcalde, José A. Santos, manifestou a súa intención de continuar coa rehabilitación de todas as escolas das súas parroquias "polo simple feito de que ter un lugar de reunión ben acondicionado sempre anima a establecer relación veciñais, ben sexan de carácter lúdico ou para tratar outros intereses parroquiais; polo que estas rehabilitacións son un investimento no benestar dous nosos veciños", dixo.

0.16235518455505