O Concello de Friol saca unha liña de axudas para a hostalaría e o comercio

TerraChaXa | LugoXa
Trátase dunha axuda directa de 1.000 euros ao sector hostaleiro e a bonificación das taxas municipais para os demais establecementos
Alcalde_Friol
5 Feb 2021

Toda a hostalería e o comercio do municipio de Friol beneficiaranse de axudas económicas. Trátase dunha axuda directa de 1.000 euros ao sector hostaleiro e outra segunda partida vai enfocada aos demais establecementos, que terán bonificadas a totalidade das taxas municipais do primeiro trimestre deste ano.

Debido ás restricións que se están levando a cabo para intentar facer fronte á epidemia da covid-19, varios negocios están a ver reducidos, ou mesmo anulados, os seus ingresos.

Este primeiro paquete de medidas que se vai aplicar, consiste na bonificación do cen por cento das taxas municipais do primeiro trimestre de este ano 2021, para todos os establecementos coa súa actividade asentada no municipio friolense.

Ademais, para axudar aos negocios de hostalería, que están sendo os máis afectados en estes momentos, habilitaranse fondos por valor duns 30.000 euros, cos que se subvencionarán de forma directa, con 1.000 euros, a cada establecemento de esta categoría que teña a súa actividade no municipio, independentemente que estea na capitalidade ou en calquera das parroquias.

Dende o Concello de Friol queren “intentar paliar os danos económicos que se derivan desta situación de restricións e axudar aos negocios do seu municipio, trátase dunha primeira fase de medidas que se aprobarán nos vindeiros días, ao cal se poderán acoller todos os interesados en breve”.

Nos vindeiros días publicaranse as bases onde se informarán aos interesados pertencentes ao sector hostaleiro como proceder para acollerse a dita axuda, respecto aos demais negocios, non será preciso xestión algunha por parte dos mesmos, dado que a bonificación das taxas municipais executarse de maneira automática no primeiro recibo deste trimestre.

O equipo de Goberno, dirixido por José Á. Santos, nestes momentos considera “necesario axudar aos autónomos e empresarios do pobo, polo que se decidiu habilitar unha primeira liña de axudas económicas directas a todos eles, e dunha maneira máis directa aos do sector hostaleiro, dado que está sendo o máis afectado, unha vez avancemos no tempo e vaimos vendo si mellora a situación ou non, valoraremos activar unha segunda liña de apoio”.

“O alcalde móstrase sensible aos problemas económicos que están a sufrir especialmente estes dous sectores, destacou a importancia da iniciativa e pensa que é un momento moi duro para toda a sociedade, pero especialmente complicado está sendo para o sector da hostalería, polo que creemos que dende o Concello debemos apoialos poñendo o noso gran de area para que os negocios que temos no municipio non se vexan tan afogados economicamente e tamén para tratar de evitar o peche dalgún deles”, conclúe.

.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14725017547607