O Concello de Guitiriz abre o prazo para anotarse nos campamentos de verán
O Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para participar nos campamentos de verán Concilia Vacacións que levan por título Miñoca coñece os sentidos e que se realizará durante os meses de xullo e agosto en quendas de quince días. Esta actividade está dirixida a nenos de 3 a 8 anos de idade e o prazo de inscrición remata o 20 de xuño, ou ata completar prazas.
Concilia Vacacións pretende axudar na tarefa da conciliación da vida laboral e familiar a todas as familias, pero con especial atención a aquelas que estean nunha situación de maior vulnerabilidade. É unha medida contemplada dentro do II Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2016-2020. Este ano presentan un novo proxecto que engloba diferentes áreas de traballo: a estimulación sensorial a través da música e outros elementos da natureza e a educación medioambiental a través dunha personaxe: Miñoca.
Así os nenos traballarán os diferentes sentidos (tacto, gusto, olfato, vista e oído) ao longo das diferentes quendas. Ao mesmo tempo poderán aprender a coidar o medio ambiente da millor maneira posible e centrando este ano nun obxectivo concreto: Reducir a producción de residuos, especialmente plásticos. Visitarán diferentes lugares do Concello de Guitirz e verán como tratan e aproveitan os residuos así como ulir o que se coce na Panadería da Esquina, probar o que se cociña no Gaibor ou tocar e ver o que se planta en Hortalizas do Lar. Pardiñas, Santa Mariña ou os Vilares son por exemplo outros lugares que visitarán. Coma todo os anos desfrutarán dun día de piscina semanal se o tempo o permite.
QUENDA 1: Miñoca toca e verás! . Na primeira quincena de xullo.
QUENDA 2: A que che cheira Miñoca? . Na segunda quincena de xullo.
QUENDA 3: Que escoitas Miñoca? Na primeira quincena de agosto.
QUENDA 4: Mmmm… que ben sabe Miñoca!. Na segunda quincena de agosto.
O prezo xeral é de 30.00€ por cada quenda. Haberá unha bonificacion dun 10% se se matricula en 2 ou máis quendas, ou se se matricula nas 4 quendas o prezo total redúcese a 100€. No caso de irmáns haberá unha bonificación do 20% a cada un. As familias monoparentais e numerosas terán unha bonificación dun 20% tamén. A bonificación ata un 50% será a valorar por servizos sociais para familias en situación de vulnerabilidade. E tamén haberá un incremento dun 20% para cando ningún membro da unidade familiar estea empadroado no Concello.
O horario será de 10:00 a 14:00 e para nenos de 3 a 8 anos de idade. O punto de encontro será sempre a Casa Habanera e o prazo de inscrición será ata o 20 de xuño ou ata completar prazas.