O Concello de Guitiriz abre o prazo para inscribirse no III Torneo de Parchís

TerraChaXa
Conta con prazas limitadas e as inscricións pódense formalizar ata o 6 de novembro ou chamando ao teléfono 982 370 062
torneo-parchis-guitiriz-2
27 Oct 2025

O Concello de Guitiriz abriu hoxe, luns 27 de outubro, o prazo para anotarse no III Torneo de Parchís, que se celebrará na Biblioteca Pública Municipal, na Escola Habanera, o sábado 8 de novembro.

As inscricións estarán abertas ata o 6 de novembro e pódense formalizar na biblioteca, tanto de xeito presencial como chamando por teléfono ao 982 370 062. As prazas son limitadas.

O torneo celebrarase de 17:00 a 19:30 horas, aproximadamente, e está aberto a todas as idades, aínda que os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta.

⚙ Configurar cookies
0.069305896759033