O Concello de Guitiriz abre o segundo prazo de matrícula para a Escola Infantil

TerraChaXa
As solicitudes poderanse presentar na casa consistorial ou a través da Sede Electrónica ata o 3 de outubro
ESCOLA-INFANTIL-GUITIRIZ-04
21 Sep 2025

O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 22 de setembro, o segundo prazo de matrícula para a Escola Infantil Municipal 2025/2026. En total, quedan oito prazas, catro no Grupo de 0-3 e outras catro no grupo 2-3.

As solicitudes poderanse presentar de xeito presencial, acudindo ao Concello, ou de forma telemática, a través da Sede Electrónica Municipal. O prazo abrirá a partir das 8:30 horas do próximo luns e permanecerá aberto ata o 3 de outubro.

Para máis información, pódese consultar o apartado dedicado na sección de Benestar Social da páxina web do Concello de Guitiriz, onde tamén se atopan o regulamento e as solicitudes.

⚙ Configurar cookies
0.092516183853149