O Concello de Guitiriz afirma que non ten nada que ver coa organización da festa infantil de Parga

TerraChaXa
Recoñeceron que este ano non contemplaron a posibilidade de colaborar nin organizar no San Roque
Casa do Concello de Guitiriz.
24 Aug 2025

O Concello de Guitiriz aclarou que este ano, "a diferencia doutros" non contemplou a posibilidade de colaborar nin organizar nas festas de San Roque de Parga, nas que se suspendeu a festa infantil.

"Entendemos a confusión xerada ao aparecer o logotipo do Concello no cartel das festas, recoñecendo o noso erro ao non desmentir esta información unha vez se publicou o citado cartel", explicaron e recoñeceron que a comisión de festas foi informada antes da celebración das festas.

Por este motivo, o Concello de Guitiriz lembra que "non ten nada que ver coas diferentes decisións relativas a esta festividade, incluíndo a celebración ou cancelación das actividades".

⚙ Configurar cookies
0.12251496315002