O Concello de Guitiriz amplía a rede municipal de auga en Belote e Perexil para reforzar un servizo esencial

TerraChaXa
A intervención, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental 2025, supuxo un investimento de 26.800 euros e compleméntase coa obra realizada en 2024 no barrio de Ansede
GUITIRIZ tubos
7 Nov 2025

O Concello de Guitiriz continúa ampliando a rede municipal de auga nos núcleos próximos ao casco urbano, co obxectivo de mellorar un servizo esencial para a veciñanza e garantir unha subministración máis eficiente e segura.

No marco do Fondo de Compensación Ambiental 2025, vén de completarse a ampliación da traída de auga en Belote e Perexil, cun investimento de 26.800 euros. A actuación reforza a capacidade da rede, mellora a presión e a continuidade do servizo, e permite atender novas demandas en ámbitos con crecemento residencial.

Esta intervención dá continuidade aos traballos executados co Fondo de 2024, cando se acometeu unha ampliación similar no barrio de Ansede, cun orzamento de 24.139,50 euros. Conxuntamente, ambas actuacións contribúen a modernizar a infraestrutura municipal, reducir perdas e incrementar a calidade da subministración nos núcleos máis próximos ao casco urbano.

O Concello salienta que estas melloras forman parte dunha estratexia estable para reforzar os servizos básicos, responder ás necesidades da poboación e avanzar cara a un modelo de xestión máis eficiente e sostible da auga.

⚙ Configurar cookies
0.068273067474365