O Concello de Guitiriz cede un vehículo aos sanitarios

TerraChaXa
31 Mar 2020

Desde hoxe, e ata a fin do Estado de Alarma declarado por mor da expansión do COVID-19, o Concello de Guitiriz cede un dos vehículos municipais ao centro de saúde para que poidan cubrir os domicilios dos sanitarios.

Agora mesmo o automóbil non ten ningún tipo de uso, xa que se empregaba para as necesidades do Centro de Día e dos seus usuarios e na actualidade este está pechado pola crise sanitaria que estamos a vivir.

Este servizo conta coa validación do Sergas xa que a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, púxose en contacto previamente coa Xerencia de Lugo para realizar o ofrecemento e coordinar conxuntamente a forma adecuada de poñelo en marcha.

Os sanitarios do centro de saúde poderán dispoñer así do vehículo e do seu chofer para acudir ás citas a domicilio que teñen que seguir prestando aos seus pacientes e para que as que estaban tendo que usar o seu vehículo particular.
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, garante que nos traslados se aplicarán as máis estritas medidas de hixiene e prevención e explica que “é un xesto máis de axuda e de solidariedade cun colectivo como o dos sanitarios que, en momentos tan difíciles como os que estamos a vivir están a erixirse como o sostén de todo o país”.

0.14058709144592