O Concello de Guitiriz contratará dous funcionarios temporais en Secretaría e Rexistro
TerraChaXa
O Concello de Guitiriz vén de convocar dúas prazas de interinos para as áreas de Secretaría e Rexistro.
16 Aug 2018
O Concello de Guitiriz vén de convocar dúas prazas de interinos para as áreas de Secretaría e Rexistro. Estas dúas prazas convócanse por unha parte por acumulación de tarefas e tamén para baixa temporal por maternidade dunha das traballadoras.
Cos presentados a esta convocatoria elaborarase unha bolsa de emprego de administrativos interinos para futuros nomeamentos temporais nas distintas áreas municiais por un prazo de cinco anos.
Consulta as bases neste enlace.