Guitiriz convocou os III Xogos da primavera para o día 20

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca Municipal Casa Habanera, celebrará desde este 20 de marzo a III edición dos ‘Xogos da primavera’, unha actividade que naceu en 2022 co obxectivo de promover a relación entre os maiores e os nenos do municipio.
xogos de primavera guitiriz portada
13 Mar 2024

O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca Municipal Casa Habanera, celebrará desde este 20 de marzo a III edición dos ‘Xogos da primavera’, unha actividade que naceu en 2022 co obxectivo de promover a relación entre os maiores e os nenos do municipio. A terceira edición inaugurarase ás 16:30 horas coa tradicional celebración da II Copa Xogo da Rá e levarase a cabo todos os mércores durante os meses de primavera.

Os xogos realizaranse a través de actividades lúdicas, que permitan estimular a recreación, comunicación e socialización entre os maiores e os nenos, revalorizar os xogos de onte, promovendo a participación activa das persoas maiores no ensino dos mesmos, e facilitar a inclusión dos xogos actuais como ferramenta de interacción entre nenos e adultos.

A II Copa Xogo da Rá contará cun máximo de 20 participantes, e cada asistente deberá levar un agasallo conmemorativo. As primeiras tres persoas con maior puntuación serán obsequiadas cun premio. Ademais desta actividade, as persoas que se acheguen ata a Casa Habanera poderán gozar de xogos de mesa, mariola, a corda, o aro ou a buxaina.

0.21338820457458